Navega en galego

Resumo

captura-de-pantalla-de-2016-11-23-14-11-58-png

Cando entras nunha web, o teu navegador está dicíndolle cal é o teu idioma favorito. Iso fai que, por exemplo, google che mostre resultados principalmente nesa língua ou que nas estatísticas as webs saiban cales son as linguas preferidas dos seus visitantes. Se pos o navegador en galego verás un novo mundo da internet e ademais contribuirás a que os creadores de contidos en galego teñan máis visibilidade.

Para facelo simplemente tes que entrar na configurar do teu navegador, que recomendamos vivamente que sexa Firefox, e mudalo. Ou directamente instalar firefox en galego. Ou xa se es un pro, utiliza o teu sistema operativo en galego (por exemplo Linux, Android ou iOS/OSX), que fará que as aplicacións estean en galego automaticamente.

Versión Longa

faixa_navega_en_galego

Iniciativas previas

Debido á importancia de que a comunidade galegofalante utilice axeitadamente a opción da lingua no navegador, ten habido ao longo do tempo diversas iniciativas que poden consultarse na web e que teñen información e detalles de configuración útiles:

Porqué navegar en galego

Todos os navegadores web teñen unha lingua preferida e esa lingua do navegador dá a coñecer a preferencia de idioma nos sitios web. Acotío, os xestores dos sitios analizan as visitas que reciben, estudan as linguas en que navegan os usuarios e elaboran estimacións sobre os visitantes/falantes. Se unha parte considerable das visitas teñen a lingua galega coma preferida, poderían decidir a tradución do sitio á nosa lingua, mesmo outros produtos e servizos fóra da Internet. Pola contra, se as visitas con navegadores en galego non supón unha porcentaxe elevada, poden decidir deixar de ofrecer páxinas en lingua galega.
Ter os menús do navegador en galego non implica que o navegador teña como preferido o idioma de Galicia. Á parte da lingua en que vexas os menús do navegador, é moi importante a lingua que configures coma preferida no teu navegador.
Deste xeito, o feito de que as grandes empresas teñan webs en galego para o mercado galegofalante tamén depende de que o galego sexa a lingua predefinida do teu navegador!Poñeres o galego como preferido no navegador ten as seguintes vantaxes:
  1. Influirás para que se creen versións en galego das webs. 
  2. Sairanche as webs multilingües no idioma do país.
  3. Potenciarás as buscas na Galipedia.
  4. Baixarás os programas multilingües en galego.
  5. E impulsarás o emprego na terra.
Se o galego é a túa lingua, fálao tamén na web! 

Como navegar en galego

  • Se é posible usa un sistema operativo en galego tanto na computadora como no móbil:
  • Asegúrate de instalar ou utilizar un navegador coa navegación en galego, especialmente recomendable se o fas con Firefox