Categorías
Agora

agora.gal: minuto 0

Non somos un medio máis. Non queremos selo.

Queremos ser o medio dos medios. Unha ferramenta que apoie, que facilite. Que faga posible. Que impulse a todos aqueles medios e blogues que queren contar o mundo desde este centro do mundo. Que achegue a tantos e tantas creadoras de contidos, que os poña en relación, que os conecte cos seus. Que xere comunidade.

Queremos que agora.gal sexa un lugar de encontro no que todas e todos nos encontremos a gusto. Unha porta aberta a lugares descoñecidos. Un espazo ao que acudamos para saber o que se move no mundo… ou para movelo.

Queremos que veñades aquí con ganas de perdervos, de aprender, de descubrir. Temos moito que contar e queremos contalo. Agora.

2 respostas en “agora.gal: minuto 0”

Benvidos a unha sociedade, que atranca a lingua dos nosos ancestros. Noraboa por intentar ser un elo na cadea da razón!

Comentarios pechados.